07 enero 2018

"Camiños" en 'Hoy empieza todo' (Radio 3)


http://www.rtve.es/alacarta/audios/hoy-empieza-todo-con-angel-carmona/hoy-empieza-todo-angel-carmona-losreyesderadio3-magin-blanco-05-01-18/4402771/
En la víspera de Reyes (5 enero 2018), preciosa entrevista a Magín Blanco y presentación del nuevo disco-libro "Camiños", en el fabuloso programa de "Hoy empieza todo" (RNE - Radio3), en esta ocasión a cargo de Antonio Vicente y Paola García:


"Otra música infantil es posible....Así comezaba Antonio Vicente esta entrevista que tanta ilusión me fixo. Logo falamos da diversidade e potencia da escea infantil galega, Vainica doble, Pauline en la playa, Petit pop, Maria Fumaça, Arnaldo Antunes, Adriana Partimpin, Presumido, Womack & Womack, as editoriais, os premios nacionais de literatura etc..etc" (Magín Blanco)

27 noviembre 2017

'Camiños' - Presentación (Radio Galega, 24-11-2017)

O 24-11-2017 a nova obra de Magín Blanco 'Camiños' saíu á venda en tendas e plataformas dixitais. Ese mesmo día no programa da radio Galega "A Tarde", Cristina García e Pepe Carreira entrevistaron a Magín e puidemos enterarnos de detalles interesantes sobre a orixe e gravación das cancións, con especial mención aos múltiples colaboradores do proxecto.
 

Sen haber disfrutado aínda do formato físico, pero sí de todas as cancións, considero que este é o seu álbum máis ecléctico, máis luminoso, máis bailable. Irradia ilusión e máis desexo ca nunca por descubrir novos camiños, resultando balsámico e curativo mergullarse entre os seus máxicos ritmos e sons.


Aquí podedes escoitar a entrevista do programa 'A Tarde':


Enlace para escoitar o disco en Spotify:
https://open.spotify.com/album/23yqtSWSeDz2wfw0rINZRQ

28 octubre 2017

Novo libro-disco de Magín Blanco: "Camiños"


folmusica.com:

"CAMIÑOS" e a nova aventura de MAGIN BLANCO, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo teatral, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.

 CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada musica de Magin, os mozos lectores atópanse claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional.

 CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos.

 Un libro de 68 páxinas (tapas duras e papel offset), un CD con 13 cancións orixináis (das que destaca a xa publicada “Marcho que teño que marchar”) e contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto.

 Data de saída: 24 de Novembro de 2017

08 septiembre 2017

'Marcho que teño que marchar' vídeo adianto do novo disco "Camiños"

'Marcho que teño que marchar', que mellor ocasión que o inicio de curso para presentar este vídeo animado por Luz Beloso, coa canción de adianto do novo libro/disco de Magín Blanco que se publicará no outono de 2017 e que se titulará "Camiños"

Animación e video clip: Luz Beloso
As voces dos nenos son de:
CPI Mestre Manuel Padín Truiteiro. 5º de Primaria. Curso 2016/2017.
Mestra: Ana María Domínguez Senlle
Alumn@s: Xabier Vázquez Carabelos, Antía Soñora Díz, Carmen López Puertas, Carolina Lois Andrés, Zaida Leiro Otero, Santiago Cunqueiro Blanco, Clara Bernárdez Suárez, Míriam Martínez Lorenzo, Noa Otero Lorenzo, Ana Pardal Costa, Daniela Poceiro Rosendo, Joel Reguera Fernández, Mia Sofia Wan Zalimy, Manuela Candamo Martínez, Breixo Blanco Maceira, Inés Velasco Cores, Carla Lombar García.

30 noviembre 2015

'Canta o cuco': Uxía e Magín na casa de Manuel María


Uxía e Magín presentando o novo disco-libro "Canta o cuco" no programa de radio 'Voces de Galicia' (Con Isidoro Valerio)
 
Unha visión contemporánea dos versos de Manuel María, o poeta-labrego da Terra Chá.
Unha globalidade de ritmos e estilos musicais que abrangue desde a música tradicional propia ata os universos próximos do pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano. Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nen@s "As rúas do vento ceibe" e "Os soños na gaiola" así como tamén de "Terra Chá" e "Os lonxes do solpor". A isto hai que engadir, ademais, unha creación propia de Magín e Uxía: "Todo me fala de ti", canción na que dialogan co universo do poeta e a súa rica e complexa personalidade. Nos poemas recitados procúrase dar unha visión máis xeral dos temas que el vivía con paixón: o espazo vital, a terra, a lingua e a identidade. O título “CANTA O CUCO. Magín e Uxía cantan a Manuel María” fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confianza no futuro, vínculo de compromiso e espertar a enerxía da natureza e a terra: “O ciclo da natureza que se reencontra consigo mesma, a música das esferas” 
Como contrapunto, aparecen os poemas de As rúas do vento ceibe que nos achega ao mundo urbano resaltando os seus valores mais sen deixar de cuestionar as súas eivas. (Texto: Urdime)

A obra, publicada dentro da colección Sonárbore de Galaxia,está maravillosamente ilustrada polo xenial pintor e ilustrador Leandro Lamas. 
Músicos participantes:
Magín Blanco: voz e guitarra, Uxía: voz e percusión, Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións (amais da gravación e produción), Santi Cribeiro: acordeón e teclado. Ademais de colaboracións como as de Isaac Palacín: percusión, Pablo Vidal: contrabaixo, Raquel Domínguez: gaita, Pablo Ces: bombo, Andrés Giráldez: tambor, ou 'As Mosas', familiares e amigos nas voces.

Xa está o album nas librarías e as entradas á venda para a presentacion no Culturgal Feira Industrias Culturais o próximo día 6 de decembro 2015